25 de febreiro de 2012

A EMIGRACIÓN

Durante anos as aldeas e vilas de Galicia viron como os máis novos ou familias enteiras partían en busca dunha vida mellor que aquí non podían atopar.  Durante moitos anos o destino era América (Arxentina, Chile, Brasil....). Máis adiante emigrouse a Alemania, a Suiza e Francia. Algúns tiveron a sorte de volver, outros non puideron facelo nunca. Aquí só quedaban os vellos, as mulleres e os cativos.
Despois de ler o poema "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro, vimos algunhas fotografías do momento da partida, nas que puidemos apreciar a forte emoción das persoas que marchaban e das que quedaban. Todos sabían que era moi probable que non se volveran ver.

            
Despois de velas, Gabriel comentou que agora xa sabía o que sentira a súa nai cando o seu avó tivera que marchar.
Galicia é unha terra de emigrantes. A pouco que preguntemos, todos temos a alguén na familia que tivo que ir gañar a vida ao estranxeiro. É algo que non deberíamos de esquecer nunca.