17 de xaneiro de 2012

O NOSO PASADO RECENTE

En coñecemento estamos a estudar como era a vida hai uns setenta anos, alá polo 1930 ou 1940. Seguro que os avós e as avoas teñen moitas cousas para contarnos. Ao picar nestas imaxes, podemos atopar máis información.
by axanelaaberta  
by mupega









 Na clase montamos unha exposición con obxectos escolares antigos. Todos probaron a escribir na pizara e tamén usaron a pluma con tinta e a máquina de escribir. Foi un pouco difícil, pero moi divertido.