24 de maio de 2014

COÑECENDO O FESTIVAL DE CANS

O pasado día 22 de Maio as nenas e nenos de cuarto viaxaron ata a parroquia de Cans, en O Porriño, para coñecer o Festival de Cans. Alí tiveron contacto co mundo do audiovisual, que non lles resulta de todo descoñecido despois da experiencia que tiveron gravando "Ernesto bo día". A crónica desta viaxe pódese ler Na nube da Lingua.