22 de marzo de 2014

ENTREVISTAMOS Á CARTEIRA

E seguimos coas visitas. O pasado martes veu á nosa clase Mari Luz, a carteira que trae as cartas ao colexio. Invitámola para facerlle unha entrevista  para a emisora escolar. 
Durante o tempo que estivo con nós respondeu ás preguntas que lle fixemos e contounos moitas cousas sobre o seu traballo: como chegou a ser carteira, como son os uniformes que usa, en que parroquias reparte o correo, cantas cartas reparte nun día........ Poderemos escoitalo todo no programa de radio da próxima semana.
Resultou unha experiencia moi interesante. 


 
Despois da entrevista mantivemos con ela unha agradable conversa, na que continuou aportándonos máis información do seu oficio.
 



Antes de marchar fotografouse con nós para deixar constancia do momento.


Agradecémoslle  a súa amabilidade e o tempo que nos dedicou.