Chegou a privameva, e con ela a festa das árbores. Para celebrar este día plantamos entre todos unha nova árbore no patio do colexio. Trátase dunha maceira que, cando medre, nos dará sombra nos días calorosos e ricas mazás cando regresemos ao colexio.
Participamos botándolle unhas padas de terra, para axudarlle a que quede ben asentada. Agora tócanos tratala con coidado para que chegue a ser unha grande e fermosa árbore.
E para que entedamos a importancia que para a nosa vida teñen as árbores e o teñamos sempre presente, asistimos a un interesante e divertidísmo espectáculo.
E para amosarnos que xa chegou a primavera, aquí está a cerdeira do cole.

¡Fixádevos que fermosa se puxo, toda chea de flores!
¡E, se hai sorte, cada flor convertersase nun froito!
¡Ten pinta que este ano imos ter moitas cereixas!