Despois do éxito do marmelo que fixemos o pasado curso, este ano imos repetir na cociña. Prepararemos unhas deliciosas marmeladas de froitas de outono, que seguro que nos han saír de rechupete.
As marmeladas realmente son unha conserva de froita e elabóranse dende ben antigo. As maioría das árbores froiteiras teñen o seu froito no verán e no outono: mazás, cereixas, peras, pexegos......... maduran con tal rapidez que non hai forma de consumilos todos e pérdese moita froita. ¡E logo no inverno a pasar gana dela!
Do mesmo xeito que se conservan outros alimentos en sal ou en vinagre, tamén se poden conservar en azucre. Eso é a marmelada: froita cocida en azucre que se conserva durante longo tempo.
¡¡¡ MMMMMMMMM !!! ¡¡¡DELICIOSA NAS TORRADAS, CO QUEIXO OU MESTURADA NO IOGUR.....!!! Seguro que coñecemos moitos máis usos para este alimento.
Na Nube da Lingua podemos atopar máis cousas sobre a súa preparación e as receitas que impos cociñar. Fai clic enriba do tarro.